Carreira das Agüiñas. O Porriño, 18 de xuño. 7 kms.

Sin título-3

Curiosa e diferente proba que se celebra no polígono industrial da Granxa, no Porriño. Trátase dunha carreira gratuita cun percorrido de tres voltas prácticamente tipo cross, case todo por herba e un pouquiño de asfalto.

AS-AGUINHAS-2017-Large

Achegueime á vila do Louro e mesmo me costou atopar a localización medio me  perdin por entre as naves industriais.

Foi un día de calor extremo, temperaturas sobre 36 grados, demasiado para correr, así que fixo falta moita hidratación. A carreira en sí resulta bastante artesanal, tempos tomados a mán e poucos medios materiais, pero  bastante xente traballando nun día tan caluroso, a este tipo de probas hai que apoialas, porque xa quedan poucas.

Sin título-2

A nivel persoal, contaba con incrementar ritmos con respecto a carreiras anteriores, pero non era o día propicio. Saín a regular en torno a 4:30, pero entre o calor e o sinuoso do percorrido, con continuos xiros, algúns de 180 grados, foime imposible manter a media.

Sin título-4

Sin título-1 copia

Así que pouco a pouco vou de máis a menos, acompañando a un compañeiro do clube durante todo o percorrido.

Sin título-5

A falta de kilómetro e medio noto un baixón nas forzas e xa me deixo ir para non petar de todo.

Sin título-6

Finalmente saíume un ritmo de 4:54, un pouco por debaixo do agardado, pois o circuito non era moi duro, anque si algo lento con tanto xiro. Ademáis no mundiño das carreiras non hai milagres, se non se adestra non se corre, e a min ainda me faltan moitos kilómetros para poder estar nos meus tempos.

Foto de clube, esta vez ó rematar a proba.

unnamed

6,7 KMS, TEMPO 32,34 , MEDIA 4:54

CLASIFICACIÓN 64 DE 103 PARTICIPANTES.

8 DE 14 VETERÁNS C

Fotos; capturas de videos de Mato Grosso Pictures. Gracias.

TRACK STRAVA

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s